RICTUS
Mórbida vulnerabilidade
rictus desfigurado
o status dos corpos omnipresentes xera
residuo arduo de canalizar
ausencias sonoras
fame clandestina
cemiterios de deseño infestados de transeúntes
dispostos a mudar unha palabra máis
alta
ca outra
é unha cuestión de tempo.
A virxindade das palabras que trasnoitan
e son evacuadas a golpe de licor café.
Mais son unha máis,
unha
máis
outra
autosostibles sen preámbulos
inconscientes dos pes que soportan
hipervertebradas
libres máis non efémeras
alugadas nos centímetros cadrados
que se tarda en percorrer esa Palabra
no tempo en estado de sitio
a tempo
ritmo cardíaco
privacidade afrodisíaca para adultas
con dereito a goce -dor exótica-
expiración sintética
baldéirome en tempos de-
porque somos a consecuencia de fonemas morais
absolutismo xenético.
E se despertamos desta vibración
parasintética retornada
-allegro-
desfragmentaremos partituras que ulan
a discurso efectista,
e deixaremos de anticipar porque
non aceptamos que o medo
é a forma que se discirne
dunha resaca emocional inasimilable.
Esa incerteza xa non nutre a enfermidade
de dores fisiolóxicas crónicas
nin secuelas de ultramarino
compostaxe
neuroloxía de rabaño.
Toda toxicidade distorsiona
a semántica clásica
porque
somos a xeración das
neurotransmisoras emocionais
ilustradas porque debuxamos
con luz as palabras que
as nosas ancestras gardaron no mandil.
Esto somos
esto seremos con
e se algún día volto pisar este instante é porque
deixei ben fiado o seu cordón umbilical.