Ataraxia Fundamental
  • INICIO
  • FOTOSINTESIS
    • COMUNA
    • SENTIPENSANTES
    • MUSICARTE
    • SONRISASDEDUCHENNE
    • MAPAMUNDI
    • URBE
  • AUDIOVISUAL
    • VIDEOCLIPS
    • MAKING OF
    • EXPERIMENTAL
  • GRAFIA
    • CALEIDOSCÓPICA (2021)
    • RICTUS (2021)
    • TUBÉRCULAS (2020)
    • ANATOMÍA DE UN VIRUS (2020)
    • EL BALLET DUELE (2020)
    • CUERPOS (2019)
    • SÍNDROME DE STENDHAL (2019)
    • NEURAS (2019)
    • PRAXIS (2018)
    • ESCÉNICA (2017)
    • MICROFONÍAS (2016)
    • DOSIS (2014)
  • ILUSTRARTE
CALEIDOSCÓPICA

Temos un xesto para ti:
densidade
é igual a masa
partido
por
volume
igual a


nós,


diseminadas en vidas daltónicas
que desdebuxan obxectos non identificados
para non esquecer
(xestación sen precinto)
teño un xesto
un


A escisión quilométrica do meu sorriso
cando o teu
é,
noites remasterizadas nun trazo sen fondo
febre secuencia
a neurótica do rizoma
neocórtex hipotecado
migrantes en petit comité
dixitación xurídica
documento racional de identidade
-teño un-


Sucedemos osixenadas das células mortas
para non etiquetar os días en períodos de
cultivos extensivos
tampouco proxectamos un futuro de deseño
ergo
a desaparición desa precisa verticalidade
a interpretación figurativa do índice de masa corporal
danza
ultra sense
a circulación da miña sangue viaxando á
velocidade da luz
estamos
circunstanciadas
circunvaladas
circunscritas
circus.


O mapeo da nosa pel en Alta Resolución
tonificada en Arte Menor
desfigurando o rostro nunha expresión placebo
que non embrionen efectos secundarios
con textura de erro idiomático
vértebras descosidas que se contraen
para unha contra-acción orgánica
urxe
repensalo corpo como
síntoma de super vivencia
anticoagulante



rexeneramos as enfermidades con
árbores xenealóxicas
xen
é
a
lóxica
frame frame frame


vivo para


morro por


deixarei que os espazos en branco teñan
a voz propia das bambolinas reptilianas
refuxiada nas metáforas abstractas en rigoroso presente
na materia prima dun silencio
todas estas imaxes non declaradas teñen o mesmo acabado mate
todos estes sons repousando no maleteiro dorsal
(a inconsciencia da sombra en tanto que fluídos)


Somos a consecuencia da respiración logo da petite mort
sinapses sen protocolo
non indixestas
no toxic
pracer verdeauga
filtro cero
desta contorna ao abismo hai un.
anda
máis
non
camiña
despídome da sintaxe dérmica que deixa
a miña hiperventilación sobre a túa
e
sobrestimulada por defecto
deixo ademais a herdanza dun sistema nervioso
cun sistema de detección emocional precoz
a derradeira epidural
a nanotecnoloxía dun lacrimal
o son que aparece no rostro cando podes amencer a cámara lenta

zoom zoom zoom
zoom zoom
zoom


  • INICIO
  • FOTOSINTESIS
    • COMUNA
    • SENTIPENSANTES
    • MUSICARTE
    • SONRISASDEDUCHENNE
    • MAPAMUNDI
    • URBE
  • AUDIOVISUAL
    • VIDEOCLIPS
    • MAKING OF
    • EXPERIMENTAL
  • GRAFIA
    • CALEIDOSCÓPICA (2021)
    • RICTUS (2021)
    • TUBÉRCULAS (2020)
    • ANATOMÍA DE UN VIRUS (2020)
    • EL BALLET DUELE (2020)
    • CUERPOS (2019)
    • SÍNDROME DE STENDHAL (2019)
    • NEURAS (2019)
    • PRAXIS (2018)
    • ESCÉNICA (2017)
    • MICROFONÍAS (2016)
    • DOSIS (2014)
  • ILUSTRARTE